Sunday 05 de May de 2024

O Concello renova o mobiliario e a pintura do local social de Sarandóns


O alcalde, José Antonio Santiso, e o concelleiro de Medio Ambiente e Impulso Demográfico, Gustavo Quindimil, comprobaron, esta mañá, o resultado dos traballos.

O Concello acometeu, nos últimos días, varias melloras no local social de Sarandóns, así como nas inmediacións da instalación. O alcalde, José Antonio Santiso, e o edil de Medio Ambiente e Impulso Demográfico, Gustavo Quindimil, visitaron, esta mañá, o lugar para comprobar o resultado destes traballos, que se executaron cun investimento próximo aos 20.000 euros.

En concreto, os labores consistiron no pintado do local social, en pódaa das árbores próximas á pista descuberta e no arranxo dos bancos e mesas de pedra da área recreativa. A maiores, atendendo ás solicitudes dos propios veciños e veciñas, o Concello instalou tamén novos elementos de mobiliario urbano como, por exemplo, papeleiras.

Durante a súa visita, o rexedor avanzou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal inclúe varias propostas que completarán os servizos na zona. En concreto, exponse executar unha vía de acceso directo á pista e ao local veciñal. A maiores, o plan permitirá dispoñer dunha parcela de titularidade municipal que estará ao dispor dos veciños e veciñas.